Récord de comparsas na Lama para un Entroido que prevé contar con máis de 1.100 participantes

A Lama
20 de febreiro 2026

Haberá premios en metálicos por categorías e ao rematar o desfile o público asistente poderá degustar chocolate con churros mentras agardan polo fallo do xurado

Desfile de Entroido na Lama Concello da Lama

Máis de 1.100 persoas incribíronse para participar no desfile de Entroido da Lama que terá lugar este sábado 21 de febreiro, a partir das cinco da tarde.

O desfile contará cun récord de comparsas, un total de dez, que ofrecerán música en directo e as súas correspondentes coreografías por todo o percorrido.

Son Os da Caña (Marín), Sonecas (Poio), Os Canecos (Poio), Alegría de Bora (Pontevedra), Os Miúdos (Arcade), Os Solfamidas (Campo Lameiro), Os 100 Tolos (Poio), As Flores do Carnaval (Pontevedra), Os Retrincos (Pontevedra) e Os Amigos dos Rapaces (Marín).

Na cabalgata tamén haberá carrozas, grupos e disfraces de parellas e individuais, de varios municipios da provincia, entre os que destacan ademais da Lama, Ponte Caldelas, Pazos de Borbén, Soutomaior, Pontevedra e Vigo.

Para facilitar a participación de grupos locais, a organización decidiu dar premios aos grupos locais, formados por integrantes da comarca do Verdugo-Oitavén (A Lama, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes) e visitantes.

En ambas as categorías haberá tres premios de 200, 150 e 100 euros, aos que se sumarán un premio único de 75, 50 e 30 euros aos mellores disfraces individuais ou en parella e un premio de 50 euros á mellor agrupación infantil.

O xurado será independente da organización e do Concello da Lama e estará formado por persoas pertencentes ao tecido asociativo deste municipio.

O fallo coñecerase ao final do percorrido do desfile, durante o baile de disfraces que estará amenizado polo coñecido conxunto musical 3.COM e os DJ Aitor Alfonsín e DJ Milucho.

Ao rematar o desfile o público asistente poderá degustar chocolate con churros mentras agardan pola resolución do concurso.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en