Unha dobre cita musical estreará esta próxima fin de semana a programación de 'Reinicia o verán Poio'.
As actuacións musicais, que levarán a cabo respectando todas as medidas de seguridade e distanciamento social, celebraranse no parque de Ánkar, na parroquia de San Salvador.
O primeiro espectáculo terá lugar o venres 17 ás 21.30 horas, a cargo do gaiteiro local Óscar Ibáñez, mentres que o sábado á mesma hora actuará Xabier Díaz con Adufeiras de Salitre.
Os dous concertos contarán cun aforo limitado de 400 persoas, que terán que permanecer sentadas durante as actuacións.
A apertura de portas do recinto está previsto en ambas as xornadas a partir das 20.30 horas, segundo informa o Concello de Poio.