Remata a primeira edición do coworking de Barro

Barro
05 de abril 2018

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes, asistiron este xoves no Polígono de Barro ao acto institucional enmarcado na xornada "Demoday. Emprendendo cara ao futuro", no que as persoas participantes na primeira edición do coworking deron a coñecer os proxectos empresariais que impulsaron

Participantes na primeira edición do coworking do polígono de Barro Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes, asistiron este xoves no Polígono de Barro ao acto institucional enmarcado na xornada "Demoday. Emprendendo cara ao futuro", no que as persoas participantes na primeira edición do coworking deron a coñecer os proxectos empresariais que impulsaron.

Tanto Silva como Fernández enxalzaron o papel das persoas emprendedoras e agradeceron a súa capacidade para impulsar ideas que repercuten positivamente na economía e sociedade da provincia de Pontevedra.

A xornada pechou o primeiro dos catro coworkings no viveiro de Barro que está a poñer en marcha a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), para fomentar os proxectos na provincia. En total, ten un orzamento de 800.000 euros para o desenvolvemento de medidas de apoio e impulso que contribúan a promover o traballo por conta propia, e a creación de empresas.

A primeira edición do coworking, que se estendeu durante cinco meses e rematou este xoves, consistiu na posta en marcha de 18 proxectos empresariais recibindo apoio técnico, formación e asesoramento de persoas especialistas en materia de emprendemento.