Rematan as obras de mantemento no colexio de Seixo

Marín
01 de setembro 2017

Cando xa está a piques de comezar un novo curso escolar, o Concello de Marín, dentro das tarefas de mantemento e conservación dos colexios públicos, rematou as obras no CEIP de Seixo

Obras no patio de Infantil do colexio de Seixo Concello de Marín

Cando xa está a piques de comezar un novo curso escolar, o Concello de Marín, dentro das tarefas de mantemento e conservación dos colexios públicos, rematou as obras no CEIP de Seixo.

Neste caso consistiron principalmente na solución de problemas de humidades nas aulas e paramentos interiores de secretaría e dirección do colexio.

Tamén se fixeron arranxos e melloras de carpintería, en caixas das persianas, persianas, marcos das portas ou o cambio da xunta de dilatación do ximnasio.

Ademais na zona de patio se arranxou a zona de contadores, que presentaba desniveis que podían presentar un perigo para os máis pequenos, e outras melloras nas zonas axardinadas.

As obras de conservación e mantemento neste centro ascenderon a máis de 12.000 euros e se realizaron parte polas brigadas municipais e parte por unha empresa externa.