En remollo para despedir as Festas de San Xoán ao grande

Poio
27 de xuño 2026

Os máis pequenos gozaron a última xornada das Festas de San Xoán coa xa tradicional festa infantil na Seca

Festa infantil de San Xoán na Seca Concello de Poio

As Festas de San Xoán de Poio chegan este sábado oficialmente ao seu fin.

Fixérono tras xornadas de intensa diversión e cunha traca final, a xa tradicional festa infantil na Seca.

Os máis pequenos puideron gozar este sábado dunha tarde de inchables, xogos de auga e animación.

Unhas actividades gratuítas pensadas para as familias.

Festa infantil de San Xoán na SecaConcello de Poio

Este gran especio de diversión infantil consolidouse xa como unha despedida á altura dun San Xoán con espazo e propostas para todos os públicos.

Tras a celebración infantil, a xornada pechábase pola noite coa última cita musical, coas orquestras Capitol e Kubo.

Todo iso coa guinda dos fogos artificiais para despedir o San Xoán até 2027.