O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra segue traballando na loita pola erradicación do abandono animal. Aínda que o servizo vai en liña descendente nos últimos anos, en tan só dos días, o personal do centro rescatou a un total de 12 cachorros pertencentes a dúas camadas, unha en Caldas e outra no Porriño.
A primera das camadas a recolleron o martes 26 de xaneiro en Caldas e o persoal do CAAN calcula que naceu o día anterior. Rescataron á nai (Lina) e cinco cachorros. Deles, tres son femias (Ana, Cris e Cristi) e dous son machos (Mel e Danilo). Estes cans foron abandonados e agora están a evolucionar favorablemente e están sendo aleitados pola nai no propio centro.
O xoves 28, en O Porriño, o CAAN recolleu outra cadela chamada Sara. A camada, que tamén se cre que naceron o día anterior, conta con cinco femias (Xiana, Sarita, Carmen, Celtia e Noa) e dous machos (Camilo e Xacobo). Todos eles están a evolucionar ben e están vixiados polo persoal do centro.
Ambas camadas recibirán os coidados no CAAN ata que teñan o cadro de vacinacións completo e así poidan saír en adopción.
Por último, dende a Deputación queren destacar o dato positivo das 40 adopcións no que vai de ano a pesar das restricións derivadas da pandemia.