Restricións de tráfico na contorna da Alameda con motivo do 50 aniversario da Brilat

Pontevedra
08 de outubro 2016

A Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable "Galicia" VII (BRILAT) celebra varios actos na contorna da Alameda durante esta fin de semana con motivo do seu médio século de existencia. Durante a mañá do domingo vai pecharse ao tráfico a rúa Raíña Vitoria

Parada militar con motivo do XLVII aniversario da Brilat
Parada militar con motivo do XLVII aniversario da Brilat

Nas últimas horas deste venres, a Policía Local estableceu a prohibición de estacionar no Peirao das Corbaceiras. Trátase da primeira medida derivada da celebración dos actos que se van a desenvolver durante este sábado e domingo na Alameda con motivo dos 50 anos de presenza da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable "Galicia" VII (BRILAT).

Durante este sábado 8 de outubro tamén se prohibe aparcar na reserva de estacionamento da zona de servizos da rúa Alameda desde as 08.00 horas ata as 18.00 horas do domingo 9.

Desde as 22.00 horas da noite deste sábado prohibirase tamén aparcar no estacionamento do Peirao das Corbaceiras e nas rúas Raíña Vitoria, Arquitecto da Sota e Paseo de Cervantes. A prohibición manterase ata ao redor das 15.00 horas do domingo.

Tamén se pechará ao tráfico a rúa Reina Vitoria durante este domingo 9 desde as 08.00 horas ata as 15.00 horas.

ACTOS DO 50 ANIVERSARIO DA BRILAT

Durante este sábado 8 será posible visitar a exposición dinámica na Alameda coa presenza de vehículos, armamento, equipos de desactivación de explosivos e diferentes materiais que emprega a Brigada nas súas misións. A partir das 18.15 horas celebrarase un concerto de cinco bandas militares tamén no recitno da Alameda. Será a primeira vez que actúen xuntas as bandas militares de Galicia. Estarán presentes as dúas Bandas de Guerra da Brilat; a Unidade de Música da Forza Loxística Operativa da Coruña, a Banda de Música do Terzo Norte da Infantería de Mariña con base en Ferrol e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.

O domingo continuarán as celebracións cunha parada militar a partir das 11.45 horas e a Xura de Bandeira para civís na Alameda. Nesta parada participarán efectivos do Rexemento de Infantería Lixeira "Isabel o Católica" número 29 e doutras unidades da Brilat con base en Figueirido. Ademais estarán presentes as do Rexemento Príncipe con sede en Asturias e a do Rexemento de Infantería Lixeira "Príncipe" número 3 con base en Siero.