Restricións de tráfico para os vindeiros días na capital

Pontevedra
15 de xullo 2022

O Concello de Pontevedra informa que para poder reparar zonas de asfalto en varias rúas do percorrido da Copa do Mundo de Tríatlon haberá unha serie de restricións no tráfico da cidade  

Fresado e asfaltado

O Concello de Pontevedra informa que para poder reparar zonas de asfalto en varias rúas do percorrido da Copa do Mundo de Tríatlon o vindeiro luns 18 de xullo, de 08:00 a 13:00 horas, se traballará nas rúas Xosé Malvar e Padre Gaite sen peches de tráfico.

E de 15:00 a 19:00 horas, se pecha a rúa Padre Amoedo, na confluencia coa rúa Santa Clara, o que vai provocar unha restrición na circulación na contorna. 

Na xornada do martes 19 de xullo está previsto que de 08:00 a 13:00 horas se actúe na rúa Celso Emilio Ferreiro (rúa de acceso ao Campus Universitario) e de 14:30 a 19:00 horas, as actuacións serán na rúa Juan Manuel Pintos.

Para o mércores 20 de xullo, de 08:00 a 13:00 e de 14:30 a 19:00 horas, se actuará na rúa Padre Fernando Olmedo.

Agás a tarde do luns 18, na rúa Padre Amoedo que se pecha, no resto de actuacións se realizan sen pechar as rúas.

Se producirán restricións de estacionamento para garantir a mobilidade con vehículo.