Retiran 20 paneis publicitarios de distintos puntos da cidade

Pontevedra
24 de decembro 2014

Esta actuación, que contou cun presuposto de 6.000 euros, inclúese dentro do programa +Boavila, que pretende mellorar a estética xeral da cidade

Cartel fronte a ponte das Correntes
Cartel fronte a ponte das Correntes

Operarios do Concello de Pontevedra levaron a cabo durante os últimos meses a retirada de 20 valos publicitarios repartidas por diversos puntos do espazo urbano.

Esta actuación, que contou cun presuposto de 6.000 euros, inclúese dentro do programa +Boavila, que pretende mellorar a estética xeral da cidade.

Neste caso entre os valos e cartelería publicitaria retirados, moitos deles informativos de obras realizadas, encóntranse algunhas significativas como as de Tafisa, ponte das Correntes ou a ponte de Monte Porreiro.

En concreto foron tres unidades no campus universitario, dous na Illa das Esculturas, Fernández Ladreda, Avenida de Marín, ponte de Monte Porreiro, Médico Ballina, na igrexa de Lérez e na praia fluvial, ademais doutra na ponte das Correntes e no Recinto Feiral.