Retómase a negociación do convenio na adxudicataria da recollida de lixo en Pontevedra

Pontevedra
17 de novembro 2016

Os traballadores iniciaron actos de protesta despois de que romperan as negociacións o pasado mes. O diálogo retómase este venres 18

Protesta de traballadores de Cespa-Ferrovial
Protesta de traballadores de Cespa-Ferrovial / Mónica Patxot

A dirección da empresa Cespa Pontevedra, adxudicataria da limpeza e a recollida de lixo de Pontevedra, decidiu convocar ao comité de empresa para retomar as negociacións do convenio colectivo.

O encontro será o vindeiro venres 18 de novembro nas oficinas da entidade. Desta forma, retómase o diálogo despois de que non se chegou a un acordo nas últimas reunións e rompese a mesa de negociación. 

Esa ruptura anterio das conversas provocara que os traballadores de Cespa iniciasen un calendario de protestas o pasado 3 de novembro, cunha concentración ante as oficinas da empresa situadas en Andrés Muruais.

Segundo os representantes sindicais, a diferenza máis importante reside na subida salarial que reclama o persoal.