Reunión infrutuosa entre as traballadoras de Cuca e a dirección de Garavilla

O Salnés
18 de marzo 2013

As traballadoras de Cuca continuarán facendo gardas ás portas da conserveira de Vilaxoán para que non se desmantele a nave despois de que a empresa rexeite a garantirlles durante 5 anos os seus postos de traballo na fábrica do Grove

Traballadoras de Cuca fan garda ante a nave
Traballadoras de Cuca fan garda ante a nave /

A reunión, esta mañá do luns 18, entre os representantes sindicais das traballadoras da conservera Cuca e a dirección de Garavilla saldouse sen resultados satisfactorios.

A empresa que adquiriu a nave co obxectivo de trasladar ás empregadas á fábrica do Grove negouse a aceptar as condicións que establecía a parte social. Os sindicatos reclamaban cinco anos de garantía do posto de traballo para as traballadoras que se terían que trasladar. Non obstante, a dirección négase a aceptar esta condición alegando que non saben en que situación estará a empresa dentro de 6 meses. Tampouco queren conceder unha indemnización maior aos 20 días por ano traballado para aquelas empregadas que decidiran rescindir os seus contratos por non se poder trasladar.

Segundo afirmaba o representante de CC.OO., Francisco Vilar, esta reunión só serviu para que a empresa "se haya quitado la máscara. Ante el Alcalde de Vilagarcía y la Conselleira do Mar, la dirección ha garantizado el 100% de los puestos de trabajo; sin embargo ahora vemos que no es así".

Neste sentido, témense que Garavilla teña a intención de, unha vez trasládense as traballadoras, levar a cabo unha reestruturación do equipo na fábrica do Grove.

Por este motivo, o equipo seguirá realizando gardas ás portas da nave de Vilaxoán coa intención de que non se desmantele a conservera á espera de que o 10 de abril na cita que teñen no Xulgado do Social sobre o conflito colectivo, haxa unha resolución ao seu favor que negue á empresa o traslado das traballadoras.