Dende xaneiro, as traballadoras de Cuca realizaban garda ante a nave de Vilaxoán. Xa non seguirán alí. Cun acto moi emotivo, as operarias abandonaron a vixilancia despois de que a empresa Garavilla chamase outro grupo de 12 traballadoras para que se incorporen á fábrica do Grove. Desta forma, practicamente toda o equipo viuse desprazada á factoría grovense.
Cunha ampla presenza da poboación de Vilaxoán, o acto de despedida volveu ser reivindicativo. As traballadoras agardan que o xulgado do Social dite unha sentenza favorable aos seus intereses e que se demostre que a empresa Garavilla actuou de mala fe cando formulou o expediente de regulación de emprego ao equipo. Non obstante, a dirección da empresa confía en que os tribunais avalen o traslado do persoal por razóns económicas e estratéxicas.