Rouban multitude de ferramentas nunha nave de Barrantes e véndenas nunha chatarrería de Vilagarcía

O Salnés
22 de xaneiro 2026
Actualizado: 15:12

A Garda Civil investiga dous veciños de Vilagarcía e Ribadumia de 46 e 41 anos, ambos con multitude de antecedentes. Atribúenlles os delitos de roubo con forza e estafa

Obxectos roubados en Barrantes

A Garda Civil investiga dous veciños de Vilagarcía e Ribadumia, ambos con numerosos antecedentes, por roubar material nunha nave de Barrantes e logo vendelo nunha chatarrería de Vilagarcía ocultando a súa orixe.

Segundo a información oficial da Garda Civil, atribúenlle os delitos de roubo con forza e estafa.

A investigación ten a súa orixe nunha denuncia interposta na Garda Civil de Cambados na que se relataba que na madrugada do pasado 2 de decembro, autores descoñecidos accederan ao interior dunha nave de Barrantes (Ribadumia).

Forzaron unha xanela e roubaron do seu interior material e ferramentas. levaron alargaderas, enchufes, unha placa de cociña, 2 quentadores de butano, 4 lámpadas de mesita, apliques, unha tesoira de batería de poda, un caixón de ferramenta con martelos, chaves inglesas e unha cizalla, bisagras, manillas e pomos prateados.

O equipo EBIO da Garda Civil localizou parte do material subtraído nunha chatarrería de Vilagarcía de Arousa e pescudou que o venderon dous homes de 46 e 41 anos

O material atopado recuperouse e entregouse ao seu propietario.

Os vendedores foron localizados e comunicouselle a súa condición de investigados.

Agora, a persoa responsable da chatarrería poderá denunciarlles como prexudicada polo delito de estafa, ao comprar material subtraído descoñecendo a súa procedencia ilegal.

O caso está en mans do tribunal de instancia de garda de Cambados.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora