A Rúa do Adro será rehabilitada para mellorar a seguridade e a mobilidade

Poio
07 de xullo 2026

As obras consistirán na rehabilitación do firme tras a deterioración acumulada polo paso do tráfico e as choivas do último inverno. A actuación está incluída no plan provincial VíaDepo

Marcial García, concelleiro de Obras e Servicios, na Rúa do Atrio
Marcial García, concelleiro de Obras e Servicios, na Rúa do Atrio / Concello de Poio

Poio renovará o firme da Rúa do Adro, en San Salvador, dentro do seu plan de conservación e mellora da rede viaria municipal.

A actuación forma parte do programa provincial VíaDepo da Deputación e busca aumentar a seguridade viaria e mellorar a circulación de vehículos e peóns.

As obras consistirán na rehabilitación do firme mediante a renovación da capa de rodaxe de cinco centímetros de mestura bituminosa en quente.

A deterioración acumulada polo paso do tráfico e, sobre todo, polas choivas intensas do último inverno fixo necesaria esta intervención que permitirá recuperar unhas condicións óptimas de seguridade e confort.

O concelleiro de Obras e Servizos, Marcial García, subliñou que "estas actuacións son exemplo da forma de traballar deste goberno: atender os grandes proxectos que impulsan a transformación de Poio e as intervencións de proximidade que melloran o día a día dos veciños. Un firme en bo estado significa máis seguridade, máis comodidade e un mellor servizo público", sinalou.

Ademais da Rúa do Adro, o plan provincial permitirá actuar na Rúa Viñas, no Camiño da Bouza, no Camiño da Ribeira, no Camiño da Fábrica, en dúas ramais do Pereiro e no Río Lérez.

O investimento global prevista para o conxunto destas actuacións rolda os 120.000 euros e enmárcase na estratexia municipal para seguir mellorando as infraestruturas viarias do municipio.