A rúa Riestra, sen "previsión concreta" de apertura dúas semanas despois do incendio

Pontevedra
21 de xullo 2025
Actualizado: 23 de xullo

O Concello detectou presenza de amianto nuns ferros de uralita e mantedrá a rúa pecha seguindo o guión previsto. Os peritos xa puideron acceder á planta baixa do edificio incendiado

Rúa Riestra pechada ao paso
Rúa Riestra pechada ao paso /

A punto de cumprirse dúas semanas do incendio que na madrugada do 8 de xullo deixou totalmente afectado un incendio de Riestra, a rúa segue cortada para o paso de peóns e vehículos no tramo que rodea o inmoble.

A pesar de que nun primeiro momento se anunciou que abriría a pasada semana, finalmente, o Concello de Pontevedra decidiu manter a medida do peche sen "previsión concreta" de apertura.

A rúa poderá abrirse, previsiblemente, nos próximos días, pero, de momento, non se decidiu cando será seguro permitir que os viandantes circulen polas inmediacións do ediicio sen ver comprometida a súa seguridade.

Os técnicos segue estudando o estado do edificio, cuxa estrutura se viu afectada polo lume e pola enorme cantidade de auga que foi necesario utilizar nas tarefas de extinción.

De feito, a semana pasada detectaron que as paredes do núcleo central da escaleira estaban máis afectadas do que se constatou nun primeiro momento. Debido á calor provocada polo lume, as paredes de pedra resultaron afectadas e é preciso demolelas. Tamén se derrubará a cuberta e o pique.

De momento, segundo indicaron fontes municipais, os técnicos han logado entrar á planta baixa do edificio, pero non ao resto, pois non se reúnen as condicións de seguridade para facelo.

Estas mesmas fontes indicaron que todo segue o guión previsto e continúan as tarefas de demolición baixo supervisión dos técnicos municipais do Servizo de Arquitectura.

Ademais, a situación complicouse pola presenza de amianto nuns ferros de ralita localizadas na parte traseira do edificio, que obrigou a extremar as precaucións e proceder á retirada destes elementos con traxes de protección persoal.