Rubén González (El Cafetín) buscará o 21 de marzo revalidar o título de mellor cociñeiro de tapas de Galicia

Pontevedra
27 de febreiro 2023

Para optar á reelección, cociñará o seu 'Vacalao Do crú ao cociñao', tapa gañadora no Pontedetapas 2022  na categoría de tapa creativa e unha proposta gastronómica que resultou a máis votada entre os comensais populares. A gala será no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela

Rubén González, chef de El Cafetín Cristina Sáiz

Rubén González, chef de El Cafetín de la Alameda, optará o vindeiro 21 de marzo por revalidar o título que gañou o ano pasado no concurso 'De Tapas por Galicia 2023'.

Para optar á reelección, cociñará o seu 'Vacalao Do crú ao cociñao', tapa gañadora no Pontedetapas 2022  na categoría de tapa creativa e unha proposta gastronómica que resultou a máis votada entre os comensais populares.

En 'De Tapas por Galicia' compiten os gañadores das sete grandes cidades galegas cos seus petiscos e a sétima edición da Gala Showcooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia terá lugar 21 de marzo no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela

Gañador do concurso Pontetapas nos últimos 6 anos, para Rubén "gañar é vivir no recordo do cliente, dános presenza de forma máis constante e a xente sempre se acorda de nós".  

En Pontedetapas serviu máis de 2.000 pratos deste 'Vacalao Do crú ao cociñao', unha homenaxe á vaca e ao bacallau con dúas alturas: superior con vaca madurada e bacallau marinado e unha inferior que é un mosaico cos mesmos produtos cociñados e un caldo de tenreira con cogomelos. O mosaico é inspiración da cociña escandinava, e foi unha apetencia persoal de Rubén. 

A Rubén González a cociña vénlle no sangue. Naceu nunha familia de oficio hostaleiro e curtiuse en fogóns coma os do Parador de Baiona ou o Cenador de Salvador Gallego, en Madrid. Decidiu volver á cidade do Lérez e, xunto coa familia, converteu El Cafetín nun dos lugares de referencia da gastronomía pontevedresa

De Tapas por Galicia 2023 é nunha aposta de Turismo de Galicia pola promoción do turismo urbano aderezada pola súa oferta gastronómica e sete cociñeiros compiten por dous galardóns, un do xurado popular e outro do xurado profesional. Os dous gañadores faranse con cadanseu trofeo acreditativo e un vale de até 500 euros que poderán trocar en restaurantes do Grupo Nove.

O xurado profesional estará integrado por Lucía Freitas, representante do Grupo Nove; Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG); Laura García del Valle, xornalista e autora de “La Galicia del plato pequeño”; Cesáreo González Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; e Lola Crespo Núñez-Villaveirán@lolaframbuesa, que valorarán cada tapa segundo a complexidade técnica, a creatividade, a presentación e o sabor.

O premio do xurado popular elixirase mediante un sistema de televotación

resto das propostas dos chefs son: Sheila Martínez, do restaurante Roots da Coruña apostou polos chocos; Álex M. Bacelo e Mar Lago, do Bacelo, de Ferrol, inclináronse polo touciño; Beatriz Alcalá de La Zapatería del abuelo, de Ourense, escolleu un dos produtos de outono por excelencia, como son as cabazas. Ana Vilar, da Cervexaría Leria, de Vigo, optou polos cogomelos; Álvaro Villasante do Restaurante Paprica de Lugo, cociñará bonito; e Álvaro Pérez, do ArteSana Gastrobar, de Santiago de Compostela, unha peculiar tarta de améndoa.