Rueda aposta desde Meis pola bicicleta para descubrir "o fermosismo" de Galicia

O Salnés
12 de novembro 2022

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, realizou este sábado un tramo de algo máis de 30 quilómetros da Ruta do Salnés para resaltar o valor turístico da iniciativa 'A paisaxe de Galicia desde a bicicleta'

Alfonso Rueda completa en bicicleta unha parte da Ruta do Salnés Xunta de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, gozou este sábado dunha xornada deportiva para resaltar o valor turístico da iniciativa 'A paisaxe de Galicia desde a Bicicleta'.

O dirixente completou coa súa bicicleta algo máis de 30 quilómetros da Ruta do Salnés para, desde Meis, animar a descubrir tamén no outono "o fermosismo" de Galicia.

"En outono tamén pódense facer moitas cousas", defendeu en relación a "unha nova maneira de facer turismo nun ano de record", xa que "temos máis turistas a estas alturas como o ano completo que máis turistas houbo que foi 2019"

'A paisaxe de Galicia desde a Bicicleta' propón 2.300 quilómetros de itinerarios a través de 52 rutas por toda a comunidade, o que anima a "pedalear ou camiñar" a través da paisaxe galaica con roteiros seguros de diferentes niveis de dificultade.