Como un apoio explícito á Semana Santa pontevedresa. Así interpretan desde a xunta coordinadora a decisión do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a súa decisión de presidir unha das procesións máis importantes de Pontevedra.
Rueda estará á fronte da procesión dos Pasos, na que participan todas as confrarías da Semana Santa de Pontevedra.
Será o vindeiro xoves Santo, o día 2 de abril, a partir do oito da tarde.
É a primeira vez que o máximo mandatario autonómico presida unha procesión en Pontevedra, unha deferencia que as confrarías da cidade queren agradecerlle.
A procesión do Venres Santo, a do Santo Enterro, estará presidida pola súa banda pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.
Para todos os que compoñen a familia da Semana Santa pontevedresa, este apoio supón un "importante empuxón" no traballo que levan anos facendo.
O obxectivo de todo este esforzo é seguir mellorando estas celebracións para levalas "até as máis altas cotas".
Buscan entre todos que Pontevedra sexa "referente" entre as semanas santas de Galicia e de todo o país.