Numeroso público participaba na mañá deste sábado no inicio da Feira Franca 2022, despois de dúas edicións de suspensión debido á pandemia.
A mostra de oficios tradicionais animaban desde as 11.30 horas a praza da Ferrería, mentres que o mercado medieval estendíase pola avenida de Santa María.
A sensación festiva fíxose patente coa comitiva que transporta o viño polo Camiño Vello de Castela, penetrándose por Santa Clara, Sarmiento, Pasantería e a praza da Ferrería para desembocar na Peregrina con moita animación, música e alegría do medievo, #ante miles de persoas seguindo a festa.
A asociación recreativa de Xeve, Art Monium, Troula e distintos colectivos puxeron en marcha esta esperada edición.