O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de sacar a licitación pública a contratación da obra de construción da Estación de Depuración de Augas Residuais (EDAR) con humidais artificiais de Quireza, que conta cun orzamento de saída de 88.641 euros.
As empresas interesadas en participar neste concurso teñen de tempo 20 días para presentar as súas ofertas e tres meses para executar a obra. No concurso establécense como baremos a ter en conta á hora da súa adxudicación o prezo ofertado, a ampliación do prazo de garantía e a memora descritiva da execución do proxecto.
Con esta contratación, o Concello de Cerdedo-Cotobade pretende seguir avanzando no saneamento integral dos núcleos de poboación rural no municipio a través da posta en funcionamento deste tipo de actuacións.
O alcalde, Jorge Cubela, sinalou que esta nova infraestrutura favorecerá o sanemento integral das zonas rurais e eliminará os focos contaminantes procedentes das augas residuais con orixe, fundamentalmente, das vivendas da zona.
Os humidais artificiais pertencen ás denominadas tecnoloxías non convencionais, ou de baixo consumo de tratamento de auga residual que se están a implantarse en numerosos municipios de España e son unha opción para municipios e pequenas poboacións cun número de habitantes limitado, nunca superior a 2.000 persoas.
A idea fundamental é que carbono, fósforo e outros metais pesados queden inmobilizados no sedimento do humidal de maneira permanente.
O seu funcionamento é similar a un espazo natural. Estes humidais artificiais permiten depurar a auga filtrando os refugallos nun espazo reducido e controlado.