Salcedo, sen campo novo dous anos despois da cesión dos terreos

Pontevedra
08 de setembro 2022

Desde que a comunidade de montes cedese os terreos para construír o novo campo de fútbol de Salcedo, hai xa dous anos, a parcela "segue exactamente igual que entón". Así o lembrou este xoves o edil do PP, Guille Juncal

Presentación do proxecto do campo de fútbol de Salcedo
Presentación do proxecto do campo de fútbol de Salcedo / Mónica Patxot

Desde que a comunidade de montes cedese os terreos para construír o novo campo de fútbol de Salcedo, hai xa dous anos, a parcela "segue exactamente igual que entón". Así o lembrou este xoves o edil do PP, Guille Juncal.

"É evidente que os veciños de Salcedo non poderán contar co campo de fútbol para esta tempada", subliñou Juncal, que asegura que a día de hoxe, aínda non se iniciaron os trámites para dotar de corrente eléctrica a este espazo.

Esta subministración, segundo o PP, é "algo imprescindible" para dar comezo ás obras.

Guille Juncal trasladará este asunto ao próximo pleno municipal para instar ao Concello para que inicie a construción do novo campo "e empecen a tomar en serio aos veciños e usuarios cos que existe o compromiso desta obra". 

Os populares, con Rafa Domínguez á cabeza, acudirán este venres á manifestación convocada pola SCD Salcedo, o segundo equipo máis antigo da cidade, para requirir a construción deste novo espazo deportivo.