O salón do videoxogo 'Lérez Up' organiza unha xornada previa e gratuíta na Casa da Luz

Pontevedra
03 de maio 2026

'Á beira da Lérez Up' celebrarase o próximo 9 de maio con actividades de videoxogos e cultura alternativa aberta ao público

Lérez Up 2025
Lérez Up 2025 / Cristina Saiz

A quinta edición do Salón do Videoxogo e a cultura friki de Pontevedra, Lérez Up, empezará xa a vivirse este mes de maio.

Aínda que o gran evento non terá lugar até o mes de setembro, a organización a cargo da asociación Gaming Troop convida a coñecer a súa proposta cunha xornada máis reducida e familiar que se celebrará o vindeiro sábado 9 de maio.

A Casa da Luz será escenario de 'Á beira da Lérez Up'.

Trátase dunha xornada gratuíta e aberta ao público con actividades de videoxogos e cultura alternativa.

Destaca entre elas a presentación de 'Me inporta un dedo', un xogo de mesa realizado por membros da asociación do centgro xuvenil La Estación.

A xornada, explica Gamin Troop, contará cunha programación variada na que haberá zona de videoxogo libre, torneo de Super Smash Bros Ultimate con inscrición previa, partidas de Magic, xogos de mesa, postos de artistas, realidade virtual, simracing e actividades para o público infantil.

O evento desenvolverase entre as 11.30 e as 20.00 horas con entrada de balde até completar aforamento.

Como parte desta xornada sortearase entre os asistentes unha entrada para dúas persoas para a quinta edición da Lérez Up, que se celebrará os días 12 e 13 de setembro no Recinto Feiral de Pontevedra.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora