Salta seis veces o confinamento para ir co coche a diferentes lugares da provincia

Poio
16 de abril 2020

Ata seis veces e en diferentes lugares da provincia. Así descubriron os axentes da Garda Civil a un home de 71 anos, veciño de Poio, desde que se decretou o estado de alarma. Foi denunciado por saltarse reiteradamente o confinamento

Control da Garda Civil en Poio Guardia Civil de Pontevedra

Ata seis veces e en diferentes lugares da provincia. Así descubriron os axentes da Garda Civil a un home de 71 anos, veciño de Poio, desde que se decretou o estado de alarma. Foi denunciado por saltarse reiteradamente o confinamento.

O seu non será unicamente unha sanción pola vía administrativa. Deberá responder nos xulgados como autor dun delito de desobediencia grave á autoridade.

A última vez que o interceptaron foi o pasado día 10 de abril, circulando á altura do quilómetro 18,500 da PO-531, xa no termo municipal de Vilagarcía de Arousa. Non puido acreditar os motivos do seu desprazamento que, por tanto, non estaba xustificado. 

Ao tramitar a denuncia, os axentes comprobaron que o mesmo condutor fora denunciado por distintas unidades do corpo tras quebrantar as normas de confinamento. 

En total, puidéronse documentar seis infraccións cometidas en distintos lugares da provincia de Pontevedra, polo que se puxeron os feitos en coñecemento do xulgado de garda de Vilagarcía de Arousa.