San Bieito, milagreiro tamén en primavera

Pontevedra
21 de marzo 2015

O Mosteiro de Lérez acolleu este sábado a celebración do San Bieito de inverno máis primaveral dos últimos anos. Centos de devotos acoden ao templo durante toda a xornada

Non é o máis multitudinario do ano, lonxe da alta afluencia da celebración estival, pero o bo tempo animou centos de devotos a tomar parte do San Bieito de inverno máis primaveral dos últimos anos.

Tratábase de cumprir coa tradición dunha romaxe que marca o inicio da segunda estación do ano, que xa entrou oficialmente.

O Mosteiro de Lérez acolleu durante toda a xornada a chegada dun regueiro de fieis para participar dos actos relixiosos e pedir ao santo 'máis milagreiro' que lles axude a conservar a saúde.

As celebracións litúrxicas desenvolvéronse dende primeira hora da mañá prolongándose ata última hora da tarde.