Sanidade estudará a viabilidade dos terreos reservados en Barro para o novo centro de saúde

Barro
16 de abril 2021

Desde 2014 Barro ten reservados terreos no núcleo de San Antoniño para a construción dun novo centro de saúde. Sanidade vai a estudar a súa viabilidade ao entender tamén que é necesario que o municipio renove os seus equipamentos sanitarios

Xuntanza telemática do alcalde de Barro co conselleiro de Sanidade Concello de Barro

Desde 2014 Barro ten reservados terreos no núcleo de San Antoniño para a construción dun novo centro de saúde. Sanidade vai a estudar a súa viabilidade ao entender tamén que é necesario que o municipio renove os seus equipamentos sanitarios.

Así o acordaron nunha xuntanza telemática o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Este último confirmou que a construción deste novo centro de saúde está na axenda do goberno galego

Para dar pasos de cara a poder elaborar o proxecto dese novo equipamento, García Comesaña comprometeuse a que nas próximas semanas os técnicos da consellería farán unha visita a Barro para avaliar a idoneidade dos terreos reservados polo Concello.

O alcalde amosou a súa satisfacción tras comprobar que as autoridades sanitarias comparten o obxectivo de construír unha nova edificación que dea resposta ás necesidades actuais do municipio e poder prestar unha atención sanitaria de calidade.

O actual centro de saúde, recorda Fernández Abraldes, xa ten moito anos e polas súas características de construción non é o máis axeitado. Ademais, facer actuacións parciais para solucionar as súas eivas non servirían para unha mellora integral do mesmo.