Sanxenxo anuncia a mellora de nove rúas do centro e da conexión con Portonovo

Sanxenxo
29 de maio 2026

A actuación, cun custo de 349.054 euros, obrigou a activar un plan de tráfico rodado alternativo do 2 ao 18 de xuño

Plan de tráfico por asfaltados en Sanxenxo Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo pavimentará e mellorará a conexión con Portonovo e tamén nove rúas do centro da vila.

Segundo anunciou o goberno local, esta actuación terá un custo de 349.054 euros.

Obrigará ademais á activación dun plan especial de tráfico rodado alternativo do 2 ao 18 de xuño.

Debido aos traballos o acceso ao porto e ao Paseo de Silgar realizarase pola Avenida Luís Rocafort durante o período que duren as obras.

As rúas incluídas nesta actuación son: Rúa Luís Vidal Rocha (2 de xuño), Castelao (3 e 4 de xuño), Ramón Cabanillas (5 de xuño), primeiro tramo Rúa Vigo (8 de xuño), segundo tramo Rúa Vigo e Camiño de Baltar (9 e 10 de xuño), terceiro tramo Rúa Vigo e tramo Paseo de Silgar (11 e 12 de xuño), rotonda de Baltar (15 e 16 de xuño) e o tramo Circunvalación (17 e 18 de xuño).

Informa ademais o Concello que durante os traballos na Rúa Vidal Rocha, a parada de taxis trasladarase de forma temporal ao Paseo de Silgar.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora