Sanxenxo anuncia obras para mellorar a calidade da auga de baño en Nanín e Carabuxeira

Sanxenxo
31 de maio 2026

O Concello de Sanxenxo realizará obras de mellora de saneamento e drenaxe por valor de 104.196 euros en diversos puntos para evitar alteracións na auga

Praia da Carabuxeira Concello de Sanxenxo

Mellorar a calidade das augas de baño nas praias de Nanín e Carabuxeira é o obxectivo das actuacións anunciadas na zona por parte do Concello de Sanxenxo.

A administración local anunciou a súa intuención de acometer obras de mellora de saneamento e drenaxe por valor de 104.196 euros en diversos puntos para evitar alteracións na auga.

Son obras que se suman ás xa executadas en anos anteriores coas que xa se notou unha mellora na calidade da auga, aínda que insuficiente.

Concretamente en Nanín prevense tres actuacións, empezando pola mellora do saneamento en cruzamento da PO-308, substituíndo un tramo de 60 metros de condución, actualmente en formigón, por unha nova tubaxe de PVC.

Tamén se prevé a renovación do colector de augas residuais paralelo á canle do río Nanín, actualmente construído en formigón e que presenta signos evidentes de degradación, téndose detectado filtracións e perdas de estanqueidade.

Por último renovarase o colector de augas residuais que atravesa a estrada na zona de Seixalvo.

Pola súa banda en Carabuxeira expóñense unha serie de actuacións orientadas a eliminar filtracións de augas residuais, renovar elementos deteriorados, recuperar a estanqueidad de conducións e optimizar a capacidade hidráulica da rede.

Aí inclúense a limpeza e retirada de restos no colector interior do Edificio Florida, a renovación de 80 metros de canalización de pluviais de formigón por tubaxe de PVC e doutros 60 metros de canalización de residuais na zona de Rúa Camiño Vello.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora