Sanxenxo concienciará á súa poboación sobre a importancia de reciclar pola Semana Europea contra os Residuos

Sanxenxo
12 de novembro 2020

O Concello compartirá nas súas redes sociais vídeos sobre a importancia dun correcto tratamento dos residuos. Ademais instalará un punto limpo móbil en Vilalonga e dedicará unha xornada á reciclaxe do aceite doméstico

Novos colectores en Sanxenxo (arquivo) Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo celebrará a Semana Europea contra os Residuos cunha campaña de sensibilización, entre o 21 e o 29 de novembro, consistente en conciencias á poboación sobre a importancia da reciclaxe a través de vídeos compartidos polas redes sociais.

O departamento que dirixe Juan Deza quere facilitar este labor aos seus veciños situando na alameda de Vilalonga un punto limpo móbil e a repartición de 200 composteiros domésticos, acompañados do material necesario para producir un compost de calidade, entre todos aqueles veciños que os soliciten nas oficinas de Medio Ambiente do  Concello.

A campaña dedicará unha xornada á reciclaxe do aceite doméstico usado.

Sanxenxo levaba reciclados ata o mes de setembro 8.280 quilogramos, o que supón un incremento con respecto ao ano anterior do 50,61 %.