Sanxenxo convoca un pleno extraordinario para ampliar e mellorar a rede de auga e saneamento

Sanxenxo
08 de maio 2022

O goberno local de Sanxenxo convocou un Pleno extraordinario para o mércores 11 de maio para aprobar as obras de ampliación e mellora da rede municipal de saneamento e auga e así dotar destes servizos a todas as vivendas do rural que carecen deles

Exteriores da casa consistorial do Concello de Sanxenxo Mónica Patxot

O goberno local de Sanxenxo convocou un Pleno extraordinario para o mércores 11 de maio para aprobar as obras de ampliación e mellora da rede municipal de saneamento e auga e así dotar destes servizos a todas as vivendas do rural que carecen deles.

O municipio ten un total de 16.900 vivendas das que 726 (4,3%) carecen de saneamento ou auga, polo que o goberno vai licitar mediante un concurso público a concesión deste servizo a unha empresa que terá que asumir a realización de 80 actuacións valoradas en 11.963.798 euros.

O documento que se aprobará no pleno están indicadas tres fases de actuación. A primeira inclúe a ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga; unha segunda que contempla a renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes; e unha terceira con novas infraestruturas de abastecemento de auga con 7 actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga.

Tamén está incluído un calendario de actuacións onde aparece establecido que a empresa concesionaria terá que completar as 3 fases nos 36 primeiros meses desde o inicio da concesión.

A prioritaria, indica o Concello, é a fase de ampliación da rede de saneamento e auga do rural, por iso o calendario contempla 29 actuacións nos 6 primeiros meses de 2023 e os 30 tramos restantes da primeira fase no segundo semestre do ano.

As obras que se executarán neste primeiro semestre serán prioritarias nas vivendas da zona e as principais antes que as segundas residencias.

Finalmente, os lugares nos que actuarán no primeiros seis meses será en Noalla (Tombelo, Pontes, Quintans, Aios costeira), Vilalonga (Iglesario, Altamira e Iglesario Lomba), Adina ( Poleiros, Rial e Punta Montalvo), Dorrón (Barreiro, Rexenxo e praia de Agra), Nantes (Cancela Pedroño, Pazos e Casal), Bordóns (Chandevila e Sear) e Padriñan (Palacios e Laxe).