Tras consolidar a chegada de turistas no verán ou en Semana Santa, Sanxenxo puxo os seus ollos nunha terceira tempada: o Nadal. E os datos de visitantes convidan o optimismo.
O último informe do Instituto Nacional de Estatística (INE) apunta a que o municipio rexistrou o pasado mes de decembro 17.127 pernoitas, un 10% máis no mesmo período do 2025.
No mesmo estudo, cífranse en vinte os establecementos hoteleiros abertos; en 1.250, o número de prazas dispoñibles, e en 290, o persoal empregado.
En canto ao grao de ocupación por prazas na fin de semana, o INE sitúa o dato no 58,32% e o número total de viaxeiros hospedados en hoteis en 9.336.
A cifra de pernoitas hoteleiras supera mesmo a rexistrada en marzo do ano pasado cando se contabilizaron 16.765.
Desde o goberno municipal, lembran que este informe só trata as permoitas hoteleiras, é dicir, a tan só a unha parte do total das prazas de aloxamentos turísticos dispoñibles.
A elas habería que sumar os visitantes que se puideron aloxar nas 54.833 prazas de segundas residencias, as 13.365 prazas en vivendas de uso turístico e as 2.767 en apartamentos turísticos que hai no municipio.
Por iso é polo que, con esta perspectiva, o Concello asegura estar a traballar co sector turístico para seguir consolidando Sanxenxo como destino en tempada baixa.
O Nadal, coa iluminación e toda a programación festiva, formará parte dese traballo conxunto que se intensificará durante os próximos anos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.