Sanxenxo pedirá un préstamo para urbanizar O Revel

Sanxenxo
25 de xullo 2018

A corporación municipal aprobou este martes no pleno do Concello de Sanxenxo o financiamento das obras da urbanización do ámbito do Revel, orzada en 1,8 millóns de euros repartidos en cinco anualidades

Visita aos terreos do novo colexio de Vilalonga Xunta

A corporación municipal aprobou este martes no pleno do Concello de Sanxenxo o financiamento das obras da urbanización do ámbito do Revel, orzada en 1,8 millóns de euros repartidos en cinco anualidades.

A proposta do goberno local bipartito (PP+SAL) suscitou as críticas dos grupos da oposición que se decataron durante a sesión plenaria de que será necesario acudir a un préstamo para atender o primeiro prazo.

Finalmente todos os grupos votaron a favor salvo a edil non adscrita Vanessa Rodríguez, que se abstivo como protesta pola falta de información por parte do grupo de goberno.

Para o vindeiro luns está convocado outro pleno.