Sanxenxo, Portonovo e Poio súmanse á sorte do sorteo de Nadal cun quinto premio, o 57421

Poio
22 de decembro 2023

Un novo premio do sorteo extraordinario da Lotería de Nadal deixa diñeiro na provincia de Pontevedra. É o que recaeu no número 57421, que dará 6.000 euros por décimo a quen teña a sorte de elixilo para este sorteo

57421, quinto premio no sorteo extraordinario de Nadal PontevedraViva

Un novo premio do sorteo extraordinario da Lotería de Nadal deixa diñeiro na provincia de Pontevedra. Foi pouco despois das once e media da mañá, co sétimo quinto premio que saíu do bombo este venres.

É o que recaeu no número 57421, que dará 6.000 euros por décimo a quen teña a sorte de elixilo para este sorteo.

Como a maioría dos quintos premios, os datos oficiais de Lotería Nacional indican que se venderon décimos soltos en diferentes localidades españolas.

Dous deles vendéronse en Sanxenxo, no Bar O Gran Suqui do paseo de Silgar e na administración número 2 de Portonovo.

Outro décimo, pola súa banda, foi despachado polo restaurante Casa Ces, en Poio.

Ademais, este 57421 tamén repartiu sorte en Vigo e O Porriño.