Sanxenxo tramita ante Costas a instalación dos servizos de tempada en dez praias do municipio

Sanxenxo
24 de abril 2015

A proposta inclúe instalar durante o verán 14 quioscos, 333 hamacas e parasoles, 63 hidropedais e 32 piraguas en diferentes areais

Praia de Areas, en Sanxenxo Mónica Patxot

O goberno local de Sanxenxo traballa xa en preparar a tempada de verán no municipio co inicio dos procesos de contratación de persoal e pensando en poñer a punto as praias.

Por ese motivo a Xunta de Goberno deste venres aprobou o plan de ocupación dos areais cos servizos de tempada.

A proposta será trasladada agora a Costas para tramitar o permiso necesario.

O proxecto elaborado por Sanxenxo establece a instalación de 14 quioscos, unha caseta, 63 hidropedais, 333 hamacas e parasois e 32 piraguas en dez praias, repartidas do seguinte xeito:

  QUIOSCOS TUMBONAS HIDROPEDAIS PIRAGÿAS
Silgar        3       169           26       12
Canelas        2        24           14        7
Areas        1        50           10        8
Baltar        1      
Paxariñas        1        25            5        5
Montalvo        2        50            5        
Major        1        15            3  
Pragueira        1      
Foxos        1      
Area Gorda        1      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A todo iso súmanselle outras ocupacións que pola súa localización precisan o permiso de Costas. Trátase dunha terraza de 30 metros cadrados na rúa Progreso de Sanxenxo ou o anexo do quiosco situado no Parque do Espiñeiro, en Portonovo, no que se encontran os servizos públicos.

Tamén se solicitou permiso para instalar unha caseta de surf na Lanzada.