Satisfacción en Cuntis e Moraña pola recuperación do servizo de Pediatría

Umia
18 de decembro 2018

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, coincidiron en valorar positivamente a incorporación dunha pediatra ao servizo que presta o centro de saúde de Cuntis

Consulta de Pediatría
Consulta de Pediatría / Saludand

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, coincidiron en valorar positivamente a incorporación dunha pediatra ao servizo que presta o centro de saúde de Cuntis.

Coa incorporación ao posto dunha profesional soluciónase o problema do servizo no centro de saúde de Santa Lucía cunha modificación no horario de atención que antes era dende as 12 ata as 14 horas e agora é de 8 da maña ás 12 da mañá.

O rexedor socialista Manuel Campos salienta que no Concello de Cuntis "cremos que a movilización e apoio social foi o que fixo que se incorporara esta profesional".

Pola súa banda a alcaldesa popular Luisa Piñeiro, felicitou á sociedade morañesa pola súa "madurez" e puxo en valor "a xestión e incluso presión" realizada nesta liña polo seu goberno local.

Durante estes dous meses os cidadáns destes dous monicipios estiveron sen especialistas o que motivou que os usuarios se tiveran que desprazar ata o PAC de Caldas.