O decreto 178/2020 do 30 de outubro polo que se adoptan medidas en determinados lugares de Galicia que restrinxen a mobilidade e as reunións de persoas xa está en vigor. O DOG recolle que nos municipios de Pontevedra, Poio e Marín, así como nos outras cidades de Galicia e a súa contorna; queda prohibido saír e entrar dos ámbitos municipais que constitúen estes concellos limítrofes. Do mesmo xeito, tampouco están permitidas as reunións de persoas non conviventes tanto no ámbito público como privado. Pero hai excepcións.
A entrada ou saída dos municipios pechados perimetralmente pode saltarse en caso de asistencia a centros sanitarios, cumprimento de obrigacións laborais ou legais, asistencia a centros universitarios e educativos, retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar, coidado a maiores, menores, dependentes ou discapacitados, desprazamentos a entidades financeiras, de seguros ou estacións de servizo, actuacións urxentes ante órganos públicos, xudiciais ou notariais, renovacións de permisos e documentacións, realización de exames, por causa de forza maior ou calquera outra actividade de análoga natureza debidamente acreditada.
Ademais tampouco está prohibida a circulación en tránsito a través dos territorios confinados.
A organización de reunións entre persoas que non viven baixo o mesmo teito tamén poden producirse en determinadas circunstancias. É o caso de encontros que se produzan por motivos de asistencia a maiores, menores, dependentes ou por causa de forza maior. Tampouco se aplicará esta limitación en actividades laborais, institucionais, empresariais, admisnitrativas ou en centros de formación.
A práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos, tamén está permitida.