A Deputación de Pontevedra segue apostando polo turismo e un reclamo para seguir aumentando as cifras pasa por seguir obtendo premios internacionais que posicionen ás Rías Baixas como un destino de calidade. Por iso, a presidenta Carmela Silva anima a toda a poboación a participar, a partir do 1 de outubro na páxina web www.cifft.com (Comité Internacional de Festivais de Cinema sobre Turismo), na votación para conseguir que o vídeo "Segue ou teu Instinto" fágase co People' s Choice Award, un dos pemios máis prestixiosos do mundo en matera de promoción turística.
"Pido á xente que vote. Iso fará que a provincia se vexa en todo o mundo. É unha grande promoción internacional que non teríamos recursos para pagala", explica a mandataria a repercusión que tería para o turismo nas Rías Baixas a consecución deste premio. Para logralo, a obra debe conseguir máis votos que outros 39 destinos turísticos de todo o mundo. Ademais da votación popular, un xurado profesional emitirá tamén o seu voto, que será clave na concesión deste galardón.
Non é a primeira vez que este organismo premia á Deputación, o ano pasado "Fame de Experiencia" xa logrou o primeiro premio na categoría de produtos turísticos e este ano a candidatura pontevedresa é a favorita para revalidalo, debido a que marcha na primeira posición con 34 puntos e unha vantaxe de 5 puntos sobre o seu inmediato perseguirdos, un vídeo de Madrid sobre destino para congresos empresariais.
Desde a súa presentación, o anuncio "Segue ou teu instinto" acumula xa seis premios, que pronto serán oito como avanzou a propia Carmela Silva, e vai camiño de superar os 14 galardóns conseguidos no 2020 polo outro vídeo promocional das Rías Baixas producido tamén por Esmerarte no 2020.