As obras de rehabilitación que a Xunta de Galicia está a impulsar na ponte medieval de Ponte Sampaio entran nunha nova fase que virá acompaña do corte de tráfico no viaduto.
Así o comunicou a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas aos dous concellos afectados, o de Pontevedra e o de Soutomaior.
A partir deste martes 13 de xaneiro e, como mínimo, durante seis semanas, a ponte estará pechada ao tráfico rodado.
O peche ao tráfico será durante todo o día e a ponte estará só aberta para o paso dos peóns.
Tampouco abrirá ao tráfico nas fins de semana, a pesar de que os operarios non estarán a traballar nestes traballos de rehabilitación.

A conexión entre Ponte Sampaio e Arcade, mentres duren estas obras, só se podrá facer a través da N-550.
Con esta obra, da que xa se estreou a súa nova iluminación, a Xunta de Galicia busca acometer unha importante mellora estética nos accesos á ponte.
Nos treitos da estrada PO-264 que conectan coa infraestrutura, substituirase o actual pavimento asfáltico por un novo chan de lousa granítica.
Esta actuación complementarase cun acondicionamento paisaxístico que incluirá a plantación de céspede nas zonas adxacentes á ponte.
A ponte de Ponte Sampaio, ademais do seu valor patrimonial, constitúe un punto estratéxico no Camiño Portugués e unha infraestrutura fundamental para a conexión entre os dous municipios.