Emoción, fe e paixón a partes aiguales.
Así se vie a Semana Santa de Paradela, que este Venres Santo viviu a súa xornada máis especial coa representación da Vía Crucis.
Un gran número de persoas concentrouse nesta parroquia de Meis para gozar dun evento declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, e que nunca deixa indiferente.
Vecinos e visitantes asistiron á representación do xuízo de Xesús ante Poncio Pilatos e Herodes e á flaxelación, participando despois nunha realista Vía Crucis que concluíu coa crucifixión.
O Venres Santo contaba ademais a última hora do día coa representación do desencravo, seguido da procesión do Santo Enterro até a igrexa parroquial.
A Semana Santa de Paradela conta aínda con dúas xornadas máis por diante.
Para este sábado 4 de abril está prevista na igrexa parroquial a Misa de Resurrección, con invitación para os asistentes ao tradicional roscón de Pascua.
Será antes da traca final que suporá o día 5 o Domingo de Resurrección, onde se representará no atrio da igrexa a Resurrección de Xesús.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.