Falar de Mar Piñeiro Villalustre é falar de forza, de constancia e de visión. Unha muller que soubo abrirse camiño con paso firme, construíndo proxectos empresariais coa mesma paixón coa que outros pintan un lenzo. Propietaria de Autocares Viúva de Cándido, converteu unha empresa familiar nun referente, levando sempre por bandeira o esforzo, a seriedade e a innovación. E é que nela tamén late o espírito creativo do seu irmán Manu Piñeiro, que nos deixou demasiado pronto, pero cuxo legado artístico e humano segue vivo. Mar comparte esa sensibilidade, pero canalizaa no mundo da empresa, demostrando que o traballo, cando se fai con entrega e convicción, pode ser tamén unha forma de arte. É exemplo de superación, de compromiso e de liderazgo, e Pontevedra gaña moito con persoas como ela, que fan cidade desde a acción e desde o corazón.
- Dime unha pregunta que non che gusta que che fagan.
Encántame falar, así que aínda que non me guste a pregunta, eu algo respondo sempre (risas).
- Como é a túa relación con Pontevedra?
Marabillosa, de nacemento. Non a cambiaría por ningunha outra.
- Como te definirías?
Viaxeira, autoexixente, pontevedresa, solidaria…
- Con que xeración te identificas máis: baby-boom, X ou millenial?
Pertenzo á xeración X, coa que ademais me identifico plenamente.
- Que características ten a túa xeración?
Somos moito máis familiares que as novas xeracións, máis sociables. Crecemos sen móbiles e iso nótase moito.
- Os autobuses dan para moitas historias. Cal é a máis curiosa que recordas?
Unha vez levamos xente a un enterro en Vigo. Todo moi formal, todo moi serio… ata que ao chegar algúns levantáronse e díxenlle ao condutor: "Por favor, párenos na Gran Vía, que queremos ir ao Corte Inglés". Esa mestura do solemne co cotiá ségueme sorprendendo cada vez que o recordo.
- Máis alá das anécdotas, como é lidiar coa administración no día a día?
Moi difícil. A Xunta impón unhas condicións no transporte escolar que fan case imposible manter un servizo de calidade. Traballamos con marxes ridículas, con esixencias que non teñen en conta a realidade. Ao final, somos nós os que damos a cara, pero cunha xestión tan deficiente é complicado que as cousas funcionen ben.
- Que espazo ocupa o teu irmán en todo o que fas hoxe?
Un lugar enorme. Antes de morrer deixou obra preparada e estamos pensando en organizar unha exposición con eses traballos. Sería unha maneira de renderlle homenaxe, pero tamén de compartir coa cidade un talento que segue vivo en cada cadro.
- Que é a amizade?
A familia que un escolle.
- Se pudeses viaxar no tempo, irías ao pasado ou ao futuro?
Ao pasado, a estar co meu irmán.
- Unha parte da túa casa que che apeteza intervir?
A casa enteira, porque me acabo de mudar e está moi mal distribuída.
- Dime unha canción que te emocione.
Sintiéndolo mucho, de Sabina.
- Frío ou calor?
Depende do momento.
- Que hai despois da vida?
Creo que hai outra vida.
- O último capricho que te deches?
Uns pendentes, sempre de Hermida.
- Cando dixeches por última vez "quérote"? A quen?
Onte á miña parella.
- A quen che gustaría ver nesta sección?
A Lúa Gándara.
- E por último, que vas facer en canto acabe a entrevista?
Irme á oficina.
Para Mar, Pontevedra sabe a proximidade, cheira a celulosas, é de cor granate e soa a música. Definitivamente, Mar Piñeiro sente Pontevedra.
O CUESTIONARIO
− Nunca saio de casa sen… pendentes.
− Na miña neveira sempre hai… un pouco de todo.
− No meu armario destaca… algunhas prendas boas.
− A idade é… algo que non sempre se corresponde co teu estado.
− Sempre fun o ollo dereito de… meu pai.
− Pontevedra ten alma de… paseante.
− Creo nas… corazonadas.
− O ano que marcou a miña vida foi… 2025.
− O mellor agasallo que me poden facer é… tempo, e se é viaxando mellor.
− O meu lugar no mundo é… aquí.
− Se non puidese vivir en Pontevedra viviría en… Sanxenxo.
− O meu momento favorito do día é… polas mañás.
− Pontevedra… é boa vila.