Sería unha boa noticia que aparecesen valiosos restos arqueolóxicos en Santa Clara?

Pontevedra
27 de outubro 2014

A pregunta formulouna en rolda de prensa o concelleiro de urbanismo, o tenente de alcalde, Antón Louro, que compareceu para anunciar o inicio dos traballos na rúa Santa Clara

Obras na rúa Santa Clara Mónica Patxot

Se aparecesen restos arquelóxicos de alto interese na rúa Santa Clara, sería unha boa ou unha mala noticia?. A pregunta formulouna en rolda de prensa o concelleiro de Urbanismo, o tenente de alcalde, Antón Louro, que compareceu para anunciar o reinicio dos traballos na rúa Santa Clara.

A xunta de goberno local aprobou este luns un presuposto complementario para levar adiante os traballos derivados da aparición de restos arqueolóxicos na rúa Santa Clara onde se está a acometer unha actuación integral. Esta obra foi adxudicada á empresa Stradia (antes Eiriña) que xa estaba a acometer a reforma. O importe é de 55.452,61 euros.

"Cumprimos así co compromiso alcanzado cos veciños e comerciantes de adxudicar isto coa máxima celeridade posible", dixo Louro, adxudicáronse as obras unha vez que a modificación de crédito entrou en vigor, sinalou o edil, que dixo ser consciente de que este tipo de asuntos "choca con certa preocupación con certa ansiedade nos veciños, particularmente os que teñen negocios e ven a súa actividade reducida ou dificultada", como consecuencia das obras.

A reforma se iniciaron a semana pasada na Praza de José Martí.

O plan de obras pasa por:

  • Reasfaltar o primeiro tramo entre o cruzamento de Santa Clara e a rúa Alvaro Cunqueiro. Xa que o primeiro asfaltado se fixo a prinicipios de ano en condicións meteorolóxicas adversas e o aglomerado asfáltico non fraguou correctamente creándose fochas.
  • Este luns instalouse un by-pass para a condución provisional da auga (con corte incluído) fronte ao Hiper Froiz.
  • Ademais estase a instalar unha pasarela (de 60 metros de lonxitude e 2 metros de ancho) para dar acceso a portais, comercios e garaxes.
  • Nos próximos días levantarase todo o pavimento por medios mecánicos nunha superficie de 400 metros cadrados (ata unha profundidade de metro e medio). A partir de aí os arqueólogos da empresa Citania realizarán os estudos oportunos.

 

Antón Louro sinalou que esta reforma "non é unha obra calquera, ten singularidades" e quixo actuar con cautela á hora de pronunciarse sobre os prazos desta actuación, porque "imaxínense vostedes que aparecesen restos históricos de alto valor".

Arquivado en