Este martes, 15 de abril, ás 21.00 horas, os pasos de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza marcaron a procesión Semana Santa en Pontevedra.
Está organizada pola Confraría do noso Pai Xesús do Silencio, con acompañamento da Confraría da Maior Dor e representación do resto de Confrarías e fieis.
Aínda que choveu pola mañá, en ocasións con gran forza, o ceo abriu ao mediodía deixando grandes claros sen ameazas de chuvascos.
Esta melloría no tempo permitiu a saída da procesión da Igrexa de San Bartolomé para percorrer con gran solemnidade as rúas:Sarmiento, Real, Curros Enríquez, Soportais, paseo Antonio Odriozola, Laranxo, Pasantería, Sarmiento e San Bartolomé.
A Confraría do Silencio creouse o 27 de marzo de 1952 da man dun grupo de estudantes pontevedreses en Santiago.
A Confraría da nosa Nai da Maior Dor, tamén fundada nos anos 50, é maioritariamente feminina e é a única das sete irmandades da Boa Vila que participa en todos os actos procesionais.
A talla de Xesús Nazareno foi portada aos ombreiros por un grupo de costaleiros seguindo a tradición que recuperaron fai algo máis de dúas décadas.
Nos primeiros anos, a talla venerada nesta procesión era a imaxe do Nazareno que se atopa na capela da Rúa Tetuán, á beira do Teatro Principal. A partir de 1956 introduciuse a talla que actualmente participa, e que foi realizada polos irmáns Rivas de Santiago de Compostela.
Desde 1958 introduciuse unha nova imaxe na procesión, María Santísima da Esperanza á que hoxe, por invitación da Confraría do Silencio, acompaña a Confraría da Maior Dor.
A imaxe do Xesús Nazareno custódiase en San Roque desde onde se trasladou antes da procesión para montar o paso. Esta imaxe sempre vai a compañada de numerosos fieis.
Este mércores terá lugar a Procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ás costas, que partirá ás 21:00 horas da Basílica de Santa María con participación da Confraría da nosa Nai da Maior Dor, con representantes doutras agrupacións participantes na Semana Santa.

Procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza