Situación de alarma na asociación Difusión Felina: máis de 20 abandonos en once días

Pontevedra
15 de abril 2015

Un mes de abril desbordante cun aumento dos casos de abandono fai saltar as alarmas no colectivo de protección animal Difusión Felina. Nos tres primeiros meses do ano rexistráronse vinte casos de abandono en total, este número repítese pero en tan só once días. A protectora lanzou un SOS aos cidadáns e aos concellos da súa zona de acción

Gatos abandonados recollidos pola protectora Difusión Felina Protectora Difusión Felina

A asociación de Pontevedra 'Difusión Felina' denuncia a ondada de abandonos cos que se encontrou nos últimos trece días. Mais de vinte abandonos en apenas un mes chocan cos vinte que se produciron entre xaneiro e marzo. Os animais, na súa maioría cachorros de moi poucos días de vida, recolléronse na zona de Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas e Sanxenxo.

O colectivo de protección está saturado ante o aumento de abandonos e o descenso de casas de acollidas, ademais de que a adopción e o número de casas de acollida, en comparación a outros anos, descendeu moito, segundo Difusión Felina.

Mais de 200 felinos foron acollidos o ano pasado pola asociación e chegaron a albergar uns 58 gatos á vez nas súas instalacións. Aínda que a súa capacidade non é para tantos animais "siempre hacen el esfuerzo de estirar sus recursos más y más", pero a situación actual é de desbordamento.

A falta de axuda por parte dos concellos onde a asociación actúa ten nunha situación de urxencia á protectora que busca a colaboración cidadá con máis casas de acollida e adopcións. Indican que só reciben axuda do Concello de Pontevedra, que colabora doando alimentos, area e esterilizando aos gatos.

Son 38 os gatos que actualmente teñen listos para ser adoptados e aos que dende Difusión Felina esperan poder encontrarlles un fogar.

As cinco persoas que conforman a asociación están saturadas e mandan un SOS á cidadanía e os concellos das zonas onde traballan. Encóntranse superados ante o aumento de animais na súa protectora e temen encontrarse con novos abandonos dos que non poden facerse cargo pola súa situación actual.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora