Sogama reforza o transporte por estrada pola suspensión dos trens de Vigo e Ourense

Pontevedra
26 de xaneiro 2026
Actualizado: 13:32

A incidencia foi posta en coñecemento dos concellos, aos que esta empresa pública pediu a súa colaboración para abordar un escenario sobrevido que, inevitablemente, ralentizará o ritmo de traballo

Sogama transporta por tren o 55% dos residuos que xestiona en Cerceda

Desde a noite desta mesmo luns, Sogama decidiu reforzar o transporte de residuos por estrada debido á interrupción, por parte de ADIF, da circulación dos trens de Vigo e Ourense.

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias argumenta a súa decisión nas condicións meteorolóxicas extremas que asolan Galicia e outros puntos de España.

Neste sentido, cómpre lembrar que Sogama transporta por tren o 55% dos residuos que xestiona no seu Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), polo que a compañía activou o protocolo operativo que rexe para este tipo de situacións a fin de seguir prestando, nas circunstancias actuais, o mellor servizo posible a Concellos e cidadáns.

A incidencia xa foi posta en coñecemento dos entes locais por parte desta empresa pública, aos que pediu a súa colaboración e tamén a súa comprensión ante un escenario sobrevido que, inevitablemente, ralentizará o ritmo de traballo de determinadas plantas de transferencia distribuídas polo conxunto da comunidade galega, así como a saída e chegada ao punto de destino dos seus contedores de residuos, con capacidade para 20 toneladas e homologados para ser transportados por tren e estrada.

Servizo de tren que emprega SOGAMA  SOGAMA