Logo do apagón do luns, Sogama informou que traballa "intensamente" desde a pasada noite para "restablecer de forma progresiva a operativa de todas as súas instalacións".
A meirande parte das plantas de transferencia están en funcionamento, aínda que, en algunhas, o servizo pode sufrir algún atraso por falta de contedores.
O motivo reside en que ADIF, debido a problemas persistentes nas comunicacións, non permite o uso da vía férrea, que Sogama utiliza para o transporte de residuos desde Vigo, Ourense e Lugo. É por isto que un considerable número de contedores atópanse retidos e inmobilizados en vías e terminais.
Así as cousas, esta empresa pública decidiu reforzar "ao máximo" o transporte por estrada a fin de "minimizar as consecuencias" desta situación sobre os concellos, aos que agradece a súa colaboración.
De feito, remitiu unha comunicación aos 295 entes locais adscritos ao seu sistema de xestión para explicarlles o escenario a día de hoxe.
Malia as incomodidades e incidencias derivadas dunha emerxencia de carácter nacional, afortunadamente, "os protocolos de prevención e seguridade de Sogama funcionaron correctamente, o que permitiu á compañía controlar a situación sen detectar problemas graves".
De feito, as plantas que conforman o Complexo Mediombiental de Cerceda, onde se recepcionan os residuos municipales de case toda Galicia para recibir tratamento, están a operar con normalidade.