Solemnidade na procesión máis feminina, a Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo

Pontevedra
06 de abril 2023
Actualizado: 15 de abril 2025

A procesión máis feminina da Semana Santa de Pontevedra, que cada Mércores Santo saca á rúa á Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo, celebrouse este ano coa habitual solemnidade da cita e marcada polo bo tempo e unha nutrida participación

Procesión da Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo 2023
Procesión da Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo 2023 / Mónica Patxot

A procesión máis feminina da Semana Santa de Pontevedra, que cada Mércores Santo saca á rúa á Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo, celebrouse este ano coa habitual solemnidade da cita e marcada polo bo tempo e unha nutrida participación

A cita, organizada pola confraría da nosa Nai da Maior Dor, a única de Pontevedra integrada na súa totalidade por mulleres, partiu ás 21.00 horas da basílica de Santa María. 

A procesión, cuxa tradición se remonta ao ano 1949, recuperouse o ano pasado tal e como marcaba a historia e este 2023 repetiu imaxe: as dúas tallas percorreron a cidade escoltadas por mulleres.

Cálelas Amargura, Isabel II, Real, Praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e avenida de Santa María presenciaron a súa solemnidade. 

Este Xoves Santo, a cita coa Semana Santa será ás 20.00 horas na basílica de Santa María. Sairá a procesión dos Pasos, coas imaxes do paso da Cea, paso da Oración no Horto e o Bico de Judas, paso de Jesús Cautivo e paso da Flagelación, paso do Jesús atado á columna, paso do Ecce-Homo, paso do Santísimo Cristo da Expiración e Virxe da Soidade.

Ás 23.00 horas celebrarase a Hora Santa na Basílica de Santa María e San José.

Xa este Venres Santo, a cita será dobre. Pola mañá, ás 09.30 horas, dará comezo a procesión do Encontro, con saídas simultáneas desde as igrexas de San Bartolomé e Santa María para realizar o encontro na praza de Teucro, con sermón.

Pola tarde, ás 20.00 horas, sairá a procesión do Santo Enterro desde a basílica de Santa María.