SOS Panadeira recomenda ao rei Felipe VI que se "distancie" de Pedro Campos

Sanxenxo
01 de agosto 2014

A plataforma cidadá SOS Panadeira se dirixido por carta ao rei Felipe VI para recomendarlle un "distanciamento" de persoas como Pedro Campos, presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo

Os Reis con Pedro Campos Generalitat de Valencia

A plataforma cidadá SOS Panadeira dirixiuse por carta ao rei Felipe VI para recomendarlle un "distanciamento" de persoas como Pedro Campos, presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo.

No escrito dirixido á Casa Real este colectivo felicita o Rei pola súa recente coroación á vez que o alentan "nos incipientes pasos cara á transparencia da Institución".

Ao mesmo tempo permítense recomendarlle "un distanciamento de persoas que como Pedro Campos Calvo-Sotelo mantiveron e manteñen condutas pouco exemplares; co alcume de: 'O amigo do Rei'. Estes feitos son ben coñecidos polos veciños de Sanxenxo de primeira man, tristemente", di a carta.

O escrito esta asinado por Elena Torres Aguín como membro da Plataforma SOS Panadeira, que pretende a defensa das praias afectadas polas obras do Real Club Náutico de Sanxenxo, unha obra "ilegal e inmoral".

Na carta explícase brevemente o periplo de loita destes veciños recordando que o caso se encontra "en proceso xudicial e loita social". E conclúe "para calquera consideración de índole informativo ou aclaratorio quedamos á súa enteira disposición", para despedirse a continuación "afectuosamente".