SOS Sanidade Pública sae á rúa para evitar que Pontevedra se convirta noutro Álvaro Cunqueiro

Pontevedra
14 de outubro 2015

A situación do novo hospital vigués estivo presente na concentración convocada polo colectivo social, que agora con máis forza defende a ampliación de Montecelo como opción para Pontevedra  

Concentración de SOS Sanidade Pública Diego Torrado - Arquivo

A situación do novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, estivo moi presente na concentración convocada por SOS Sanidade Pública en Pontevedra.

Ademais de solidarizarse coa situación do persoal sanitario do Cunqueiro, a protesta defendeu con máis forza aínda a opción de ampliar Montecelo como a máis viable para Pontevedra, evitando a construción de Monte Carrasco.

Trátase, explicaron os diversos colectivos convocantes, de evitar repetir un modelo que, entenden, non funciona e presenta numerosas deficiencias.

Por iso apostan por Montecelo cun investimento que cualifican de prioritario e "urxente".

Centenares de pontevedreses participaron no acto convocado por SOS Sanidade Pública desde as 20:15 horas na Praza de Ourense.

O colectivo tamén aproveitou a ocasión para sinalar o que ve como deficiencias estructurais do Hospital Provincial, situación que afecta, din, á calidade da atención sanitaria.