Soutomaior adxudica as obras de mellora do Camiño de Santiago ao seu paso polo centro de Arcade

Soutomaior
01 de xullo 2025
Actualizado: 02 de xullo

As obras terán un custo de 750.000 euros, dos cales a metade corresponden a fondos propios municipais e a outra metade a unha subvención do Fondo de Cooperación Local

Proxecto de humanización do Camiño de Santiago en Arcade
Proxecto de humanización do Camiño de Santiago en Arcade / Urcoin - Concello de Soutomaior

Soutomaior iniciará nas vindeiras semanas as obras de humanización do Camiño de Santiago ao seu paso polo centro urbano de Arcade.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou a importancia desta actuación que "resolverá varias das problemáticas de tráfico que actualmente afectan o centro de Arcade" e ademáis "abrirá o camiño a novas actuacións e a construción un modelo urbano máis amable e accesible".

A empresa Covsa é a adxudicataria deste proxecto redactado por Urcoin.

O investimento será de 750.000 euros, dos cales a metade corresponden a fondos propios municipais e a outra metade a unha subvención do Fondo de Cooperación Local.

Está previsto que as obras comecen nas vindeiras semanas e o prazo de execución das mesmas é de tres meses e medio.

"Antes de que remate o 2025 a veciñanza de Arcade desfrutará das novas e humanizadas rúa da Coutada e rúa Fonte do Conde", manifestou o alcalde.