O Concello de Soutomaior anunciou que reforzará e intensificará o operativo de limpeza de camiños e estradas nos barrios do municipio nas próximas semanas.
Esta iniciativa, que xa está en marcha nas vías principais, estenderase progresivamente ao resto de zonas do municipio.
Para levalo a cabo, o goberno local ampliará o persoal de mantemento e obras municipal, que actualmente conta con case unha quincena de persoas, coa contratación de doce traballadores máis. Ademais, utilizarán maquinaria mecanizada para a limpeza de cunetas, co obxectivo de avanzar o máximo posible na limpeza das vías.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, destacou traballan para que o municipio estea "nas mellores condicións" e por iso apostan "por facer un esforzo na contratación de persoal".
Lourenzo, ademais, recoñeceu a dificultade de controlar o crecemento da maleza, especialmente coas condicións meteorolóxicas actuais, pero asegurou que este reforzo de persoal permitirá mellorar significativamente a situación.
Neste sentido, o alcalde anunciou que levarán a cabo, "como mínimo, dúas rozas por cada barrio" para asegurar que todas as zonas atópense en condicións óptimas de limpeza e pediu comprensión aos veciños ante a imposibilidade de abarcar todas as zonas simultaneamente.
Finalmente, agradeceu o traballo dos operarios municipais e subliñou o importante esforzo do goberno local para dotar ao operativo de limpeza con máis de 25 persoas e os maiores recursos posibles.