Suprimen o padroado que xestionaba o Museo

Pontevedra
26 de outubro 2012

O Grupo provincial do Partido Popular aprobou a supresión definitiva do  padroado que xestiona o Museo de Pontevedra desde a súa fundación. O PP justifica a medida no aforro, o BNG sostén que "hoxe é un día negro para o Museo", mentras que os socialistas dicen que ahora a Deputación "fará menos, con máis control".

Pleno da Deputación. Momento da votación do Grupo provincial do PP PontevedraViva

O Grupo provincial do Partido Popular aprobou a supresión definitiva do  padroado que xestiona o Museo de Pontevedra desde a súa fundación.

Foi o asunto máis interesante do pleno da Deputación, no que o voceiro do grupo do BNG, Cesareo Mosquera, propuxo deixar este asunto sobre a mesa, ⿿sexan delicados e respetuosos coas persoas e as institucións⿝. O PSOE sumouse a esta petición que finalmente foi desestimada polos populares.

A deputada Ana Isabel Vázquez encargouse de defender esta inciativa do PP xustificando a medida no "aforro que se conseguirá ao convertelo en servizo dependente da Deputación".

"Non nos cansamos de insistir en que a dinámica non cambia absolutamente nada e afórrase moito", e asegurou a deputada popular que as 1.140 alegacións presentadas polos grupo da oposición estaban "manipuladas políticamente".

O nacionalista Cesareo Mosquera afirmou ao término do debate que "hoxe é un día negro para o Museo", mentres que o portavoz socialista, Juan Antonio González, dixo que agora a Deputación no Museo "fará menos, con máis control".